Antesala | Escoitar, deseñar, planificar

Non somos dos que cansamos aos clientes con termos técnicos que non están obrigados a coñecer, senón que escoitamos as súas ideas e lles ofrecemos as fórmulas máis axeitadas para obter os mellores resultados técnicos e estéticos. É precisamente por esta razón pola que a "antesala" de calquera proxecto é tan importante para nós.

Briefing

Cales son as súas necesidades? Que desexa transmitir? Onde? A quen? Con que obxectivos? Escoitar, escoitar e escoitar. Agora xa si, podemos iniciar o proxecto.

Guión

Como facer posible o que necesita? Como facer real o que desexa? Idear, innovar e crear. Así é como acometemos o desenvolvemento creativo da atmosfera xeral e de todos os elementos que a integran. E así é como (agora xa si) guionizamos o evento.

Planificación

Como estruturamos o seu proxecto? Como o organizamos? Como lle damos forma? Seleccionar, definir e asignar. Os profesionais, as tarefas e as solucións técnicas que mellor se adapten ás súas necesidades, aos seus obxectivos, ás súas inquedanzas e ao seu orzamento. E é entón, só entón, cando (agora xa si) nos dispoñemos a montar.
Este sitio web emprega cookies propias e de terceiros para facilitar a navegación e obter información estatística de uso dos nosos visitantes.
Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
(Máis información) Conforme