Montaxe | Desenvolver, seleccionar, equipar

É o momento de integrar todos os elementos que formarán parte da produción técnica: imaxe, son, iluminación, escenografía, decorado, rotulación, streaming, realidade virtual, kinética, vídeo, tradución simultánea... Dispoñemos de solucións para todos os ámbitos do desenvolvemento dun evento pero, para nós, o importante non é só dispoñer da mellor e última tecnoloxía do mercado, senón saber utilizala e adecuala a cada acto.

Loxística

Deseñamos a escenografía e o decorado; seleccionamos as texturas e materiais máis axeitados; dispoñemos e instalamos os equipos técnicos seleccionados; realizamos as actividades complementarias precisas e damos ese "toque final" que nos caracteriza a todos os detalles para converter cada montaxe, a súa montaxe, en algo único.

Coordinación

Sempre desde o enfoque integral co que abordamos o noso traballo, asumimos a coordinación xeral de toda a produción, dirixindo e supervisando a correcta execución de todas as tarefas e responsabilidades previamente adxudicadas.
Este sitio web emprega cookies propias e de terceiros para facilitar a navegación e obter información estatística de uso dos nosos visitantes.
Se continúa navegando consideramos que acepta o uso de cookies.
(Máis información) Conforme